| Noites boas de Portugal, recordos de noites ledas, lúas que entornan os ollos moi cerquiña das estrelas.
Noites de paz, miña alma non se esquece da pureza que ferve no corazón das mulleres Portuguesas.
Fado, fermoso Fado, fado que chora e que pena, non abandoes a este home que por ti fará o que sexa.
Gardo lembranzas de xove, das primeiras primaveras que entre cancións de meniños ficaron nas miñas veas.
¡Ai fado!, tan feiticeiro coma a muiñeira galega, réndoche meu homenaxe, no meu corazón o levas.
¡Ai fado!, fado nocturno, fado das noites máis belas, deixade que soe o fado mentres brillen as estrelas.
¡Ai fado!, bendito fado, fado das noites sereas, deixa que leve no peito o mellor que ten a terra, esta terra Portuguesa.
¡Ai fado!, bendito fado, fado das noites sereas, deixa que leve no peito o mellor que ten a terra, esta terra Portugues. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario