CANCIÓN DO PELENGRINO REBENTÓN
(Do que aconteceu no Camiño entre unha vaqueira e un pelengrino)
¡Ei Roxa!. ¡Marela ven!
Deita no carro meniña que o camiño é longo e queda moitiño que andar aínda. Polo sendeiro o romeiro canta que canta e camiña dando conta do bo viño que lle pesa na mochila. Rapaza que vas no carro faime sitio a teu carón que levo os pes rebentados de tanto darlle ao bastón. Pelengrino que camiñas e vas cantando se queres a "compostela" tes que ir andando. Levo andadas, mociña, moitas xornadas pero os pes, escoados, xa me din: ¡para!. Pois apoia no báculo teu sacrificio que o Señor Santiago éte moi ríxido. Se deixas que me acomode xunto contigo vouche poñer contenta todo o camiño. ¡Ai, perillán!, o ter os pes feridos non é razón para facer o parvo e o papallón. Colle o caxato axiña e anda calado que facer so o camiño é máis doado. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario